| O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se establece o programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) A inserción sociolaboral por medio destas empresas vai dirixida, entre outras, a persoas con discapacidades, que estean en proceso de rehabilitación ou mulleres vítimas de violencia de xénero |
|
| A Consellería de Traballo, que dirixe Ricardo Varela, achegará ao longo deste ano un millón de euros para fomentar o acceso ao emprego de persoas en situación ou risco de exclusión social. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se establece o programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e se procede á súa convocatoria para 2008.
De acordo con esta orde, poderán ser beneficiarias das axudas as entidades promotoras das empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral -unha vez estean cualificadas e rexistradas como tales na Dirección Xeral de Promoción do Emprego- coa finalidade de facilitar o acceso ao emprego de colectivos desfavorecidos. Tamén poderán acceder a estes incentivos aquelas empresas que solicitasen a súa cualificación como empresa de inserción laboral, aínda que neste caso non poderá procederse ao pagamento da axuda en canto non obteña esa cualificación. |
|
Mais información en...
http://xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=34195




Los comentarios están cerrados